Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente 1382/2019).

Unha vez ditada a orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 23 de Pedornes (Oia), no contorno do centro cultural de titularidade municipal (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o titular da parcela 451 (ref. catastral 36036A023004510000QB), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencia de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

1382/2019

Titular descoñecido

36036A023004510000QB

Parcela 451 do polígono 23

Pedornes

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de decembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa