Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente 1610/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa nas parcelas 826 e 827 do polígono 4 de Barcelos, Mougás (Oia), e ao resultar descoñecido o domicilio do titular das parcelas con ref. catastral 36036A004008260000QL e 36036A004008270000QT, respectivamente, que aparecen a nome de Residenciales Oia, S.L. no Catastro, en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesadas

Referencia catastral

1610/2019

(urb. 63/2019)

Residenciales Oia, S.L. notificación infrutuosa, enderezo descoñecido

36036A004008260000QL

Parcela 826, polígono 4

Barcelos, Mougás

1610/2019

(urb. 63/2019)

Residenciales Oia, S.L. notificación infrutuosa, enderezo descoñecido

36036A004008270000QT

Parcela 827, polígono 4

Barcelos, Mougás

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de decembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa