Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2364

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 713/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 394/19, en que son parte, como demandante Óscar Luengo López, asistido polo letrado Sr. Bello Rivas e, como demandada, a empresa Lucxu World, S.L., que non comparece, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido que, estimando a demanda formulada por Óscar Luengo López fronte á empresa Lucsu Worls, S.L., declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa a que o indemnice coa cantidade de 2.897,49 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 65,85 euros/día; así como a aboar 16.133,25 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento (12.4.2019) ata a data desta sentenza, e ao aboamento da cantidade de 1.900,66 euros en concepto de salarios e cantidades asimiladas, con aplicación do artigo 29.3 do ET a esta última cantidade.

Condénase a demandada ao pagamento de honorarios da asistencia letrada á parte demandante dentro do límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, no momento de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta bancaria deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucxu World, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza