Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de decembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, de baixa dos establecementos indicados no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 18 de decembro de 2019

O/a xefe/a da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Establecemento: Arenal.

Signatura: V-PO-001422.

Razón social: Hortensia González Guijuelo.

Domicilio: Isaac Peral, 2.

Concello: Vigo.

Establecemento: Stork Club.

Signatura: V-PO-001262.

Razón social: Ramón Quirós Ferrán.

Domicilio: Isaac Peral, s/n.

Concello: Vigo.

Establecemento: Tapería A Coura.

Signatura: V-PO-007577.

Razón social: Dolores Sanromán López.

Domicilio: rúa Rans 34, Praia América.

Concello: Nigrán.