Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente 802/32/2017/470011/1 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación á persoa titular do NIF 34989436L nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 26 de setembro de 2019 resolveuse iniciar o procedemento de reintegro do importe da penalización imposta por incumprimento da condicionalidade nos expedientes 802/32/2017/470011/1 - 803/32/2017/470011/1 - 801/32/2017/470011/1 - 806/32/2017/470011/1 pola cantidade de 193,77 €.

De encontrar conforme o acordo de inicio do procedemento de reintegro, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Se a persoa interesada realiza o pagamento, rematará o procedemento de reintegro sen necesidade de realizar ningunha notificación posterior.

Contra o acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes de referencia, a persoa interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Secretaría deste organismo.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Silvestre José Balseiros Ginarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 802/32/2017/470011/1 - 803/32/2017/470011/1 - 801/32/2017/470011/1 - 806/32/2017/470011/1.

NIF da persoa interesada: 34989436L.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro.