Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións do procedemento sancionador por infraccións das persoas beneficiarias de prestacións por desemprego do expediente 11/06/2019/2.1.A e seis máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

As persoas interesadas durante este prazo, poderán presentarse ante esta xefatura territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles aos interesados que se non interpoñen o recurso en tempo e forma a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 18 de decembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Ángel Cristóbal Cinza Rodríguez

11/06/2019/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

2

Boris Rodríguez Villadóniga

03/05/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

3

Daniel López Fernández

25/06/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Navia de Suarna

4

Jesús María Fernández Cendán

16/01/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Abadín

5

Juan Pedro Balboa Marín

30/07/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Monforte de Lemos

6

Yesleni Balboa Rodríguez

02/09/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Sober

7

Rubén Argerey López

30/08/2019/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo