Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións das persoas beneficiarias de prestacións por desemprego do expediente 18/10/2019/2.1.E e tres máis.

Intentada a notificación persoal das comunicacións do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar estas notificacións por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando supeditada a súa eficacia á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37.bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen de 15 días hábiles seguintes ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

As persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer a efectos do coñecemento e constancia do texto íntegro da comunicación de inicio, ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen presentar alegacións en tempo e forma, esta xefatura territorial ditará a correspondente resolución, que dispón dun prazo de seis meses, desde a data do acordo, para notificar a resolución pertinente.

Lugo, 18 de decembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Germán Terenti García

18/10/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Barreiros

2

Leiliane da Silva

16/10/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Lugo

3

Mª Sonia Vilar González

08/11/2019/2.1.A

Inicio de procedemento sancionador

O Vicedo

4

Mihai Alin Bracaci

04/11/2019/2.1.E

Inicio de procedemento sancionador

Monforte de Lemos