Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 01 do ARI de Vite. Grupo de vivendas Nosa Señora de Belén.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de abril de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do ámbito 01 do ARI de Vite (Grupo de vivendas Nosa Señora de Belén), coas condicións sinaladas no citado acordo.

A aprobación definitiva do estudo de detalle supón a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas, publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Así mesmo, notificarase persoalmente o acordo ás persoas que formularon alegacións.

Con data do 2 de decembro de 2019, preséntase un documento refundido que recolle as cuestións sinaladas no acordo de aprobación definitiva.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica