Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO relativo á ampliación dos usos dotacionais permitidos polo vixente Plan parcial do SUNP-14 (Tras Paxonal) na reserva de equipamento docente DOC.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Ao abeiro do previsto nos artigos 42.2 da LSG e 65.7 do seu regulamento, ampliar os usos dotacionais permitidos polo vixente Plan parcial do SUNP-14 (Tras Paxonal) na reserva de equipamento docente DOC, autorizando, ademais do de equipamento docente, os seguintes de carácter dotacional e titularidade pública: asistencial, sociocultural, institucional-administrativo, deportivo, servizos públicos e dotacional múltiple.

O acordo publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos de inscribir a citada ampliación de usos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acordo queda condicionada ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica