Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 526/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 526/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Rial Álvarez contra Club Deportivo Universidade de Santiago, Fundación USC Deportiva, Universidade de Santiago de Compostela, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución:

Desestímase a demanda interposta por Diego Rial Álvarez contra a Fundación USC Deportiva, contra Universidade de Santiago de Compostela e contra Club Deportivo Universidade de Santiago e, en consecuencia, absólvense as demandadas das peticións contra elas dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Club Deportivo Universidade de Santiago, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza