Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan para o trámite de audiencia as persoas interesadas no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0218 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse para o trámite de audiencia as persoas mencionadas no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben porque se descoñece o lugar no que practicar as correspondentes notificacións, ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido realizar.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso poden consultar os respectivos expedientes na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda en cada caso.

Lugo, 9 de decembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Procedemento

LU-2013/0218

AAB032576

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2014/0004

SC7486544

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

LU-2011/0093

CV301461

Cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia