Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 64/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 64/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Vicente Fajundes Dorelle contra Castromil, S.A., Trap, S.A., Empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trap, S.A., sobre despedimento, ditouse resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Vicente Fajundes Dorelle contra Castromil, S.A., Empresa Monforte, S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e Trap S.A. (UTE Tralusa), e contra Trap, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Declaro a improcedencia do despedimento do demandante realizado por Castromil, S.A. con data de efectos de 6.12.2017 e, en consecuencia, condeno as mercantís Castromil, S.A., Empresa Monforte S.A., UTE Autobuses Urbanos de Lugo, S.A. e Trap, S.A. (UTE Tralusa) a avirse á devandita declaración, e a que de forma solidaria readmitan inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a readmisión a razón de 57,93 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 3.385,28 euros por despedimento improcedente (4.301,12 € de indemnización legal menos 915,84 € xa percibidos como indemnización por fin de contrato temporal).

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Absolvo a mercantil Trap, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trap, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza