Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación do auto de aclaración da sentencia dos autos 154/2018.

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 154/2018 por instancia de Martín Vila Vázquez contra Avanza Lab Inspección y Control, S.L., o administrador concursal de Avanza Lab Inspección y Control, S.L. Análisis Mediques Barcelona, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou Sentenza do 11.2.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Auto.

Parte dispositiva.

Dispoño: procede a aclaración solicitada. E, en consecuencia, o feito probado primeiro quedará do teor literal seguinte:

Feito probado.

Primeiro. Martín Vila Vázquez vén prestando servizos para a empresa Avanza Lab Inspección y Control, S.L., con antigüidade do 4 de agosto de 2014, categoría de técnico de laboratorio, percibindo un salario mensual de 1.361,90 euros, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Avanza Lab Inspección y Control, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza