Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 808

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (animalarios).

Mediante Resolución do 1 de outubro de 2019 (DOG do 15 de outubro e BOE do 15 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela