Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 806

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2019 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 1 de outubro de 2019 (DOG do 14 de outubro) convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala técnica superior de administración da USC, catro pola quenda de promoción interna e catro, pola quenda de acceso libre e, no seu punto 5.1, establécese que o tribunal cualificador será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear o seguinte tribunal cualificador:

– Tribunal titular.

Presidenta: Elena Meaños Melón, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Vogais:

Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

María da Alba Nogueira López, catedrática de universidade da USC.

Nieves Lagares Díez, profesora titular de universidade da USC.

Secretaria: Maruxa Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

– Tribunal suplente.

Presidente: Carlos Alberto Gómez Otero, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración, rama xurídica, da USC.

Vogais:

Xosé Antón Freire Ramos, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Juan José Nieto Montero, profesor titular de universidade da USC.

Consuelo Ferreiro Regueiro, profesora titular de universidade da USC.

Secretario: Denís Fernández Méndez, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela