Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 620

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de convocatoria de varias prazas.

Acordo da Xunta de Goberno local do Concello de Caldas de Reis (Pontevedra), en sesión ordinaria do 3.12.2019, referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 239, do 13 de decembro de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– Funcionario de carreira.

Unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de promoción interna.

– Persoal laboral fixo.

Unha praza de conserxe-coordinador, asimilado a agrupación profesional, mediante concurso-oposición, pola quenda libre.

A información do proceso selectivo publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis, sito na rúa Herrería, nº 1, no taboleiro de anuncios electrónico e no portal de transparencia da sede electrónica, área institucional.

Publícase un extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. O prazo de presentación de solicitudes de admisión nas probas de selección será de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Caldas de Reis, 13 de decembro de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente