Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas D-01 a D-10 do Plan de sectorización do SRAU-I Outeda-Curro.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión do 27 de novembro de 2019, aprobou definitivamente o estudo de detalle das parcelas D-01 a D-10 do Plan de sectorización do SRAU-I Outeda Curro, promovido por Distribuciones Froiz, S.A.U., co obxeto de reaxustar as aliñacións das parcelas D-01 a D-10 do Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro, que actualmente constitúen a parcela 6005 do polígono 49.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, en relación co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Contra o presente acordo de aprobación, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente.

Barro, 12 de decembro de 2019

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde