De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, o Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia, artigo 23.4, faise público o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración relativo á ampliación da explotación Castroverde número 94, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovida por Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste, S.L.
O proxecto pódese consultar, durante o prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).
Ourense, 9 de decembro de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense