Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa, no concello da Cañiza, do cal resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2017/716-4).

A instalación denominada LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa, no concello da Cañiza, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 7 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de xaneiro de 2020, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello da Cañiza.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 18 de decembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa (A Cañiza)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m² chan

ml aéreo

ml sub

m² aéreo

m² subsolo

Concello

1

Fiscalas

Monte baixo

Guillermo Reinaldo Barcia

1

1,21

A Cañiza

2

Cahos

Monte baixo

Rodrigo Reinaldo Álvarez

2

1,44

A Cañiza

3

A Cortiña

Prado

Diocese Tui-Vigo

3-4

13,41

A Cañiza

4

Chan da Igrexa

Monte baixo

Servizos de Infraestruturas Agrarias

CT

16,81

7,34

A Cañiza

6

Lamaceiros

Monte baixo

Hdos. Manuel Rodríguez Teijeira

6

1,69

A Cañiza

8

Alameda

Monte baixo

Monte veciñal en man común da Igrexa e outros

8

1,44

A Cañiza