Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2020 Páx. 621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se dá publicidade a varios acordos.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 248, do 29 de outubro de 2019, foron publicados anuncios relativos aos acordos adoptados pola Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 25 de setembro de 2019, que a continuación se relacionan:

Acordo 18/594. Aprobación das bases xerais que regulan a creación e o funcionamento das bolsas de traballo do Concello de Lugo.

Acordo 16/592. Aprobación das bases xerais que rexerán nos procedementos para os concursos de traslado: cambios de destinos dos postos non singularizados na relación de postos de traballo.

Acordo 17/593. Aprobación das bases xerais que rexerán nos procedementos para os concursos de traslado: cambios de destino dos postos singularizados na relación de postos de traballo.

Lugo, 8 de novembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 19005684, do 1 de xullo de 2019,
modificado polo Decreto 19005695, do 3 de xullo)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos