Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 146/80 e cinco máis).

Na sesión celebrada polo Xurado o día 25.11.2019 figuran os seguintes acordos:

– Monte Sampaio, Mora, Aguianzo e Faramontaos (expediente 146/80), pertencente aos veciños da parroquia de Eiré, no termo municipal de Pantón, e monte Sampaio (expediente 152/80) pertencente aos veciños da parroquia de Següín, no termo municipal de Pantón. O 21.9.2019, ten entrada un escrito de Óscar Davite González, como presidente da comunidade de Eiré, co que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Pantón; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 15.10.2019 emite un informe (núm. 60/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Sampaio, Mora, Aguianzo e Faramontaos queda cunha superficie de 406,06 hectáreas, e o monte Sampaio, cunha superficie de 133,32 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

– Monte Fenteira (expediente 117/79), pertencente aos veciños da parroquia de Brosmos e monte de Gundivós (expediente 123/79), pertencente aos veciños da parroquia de Gundivós, ambos no termo municipal de Sober. O 21.9.2019 ten entrada un escrito de Abel López Fernández, como presidente da comunidade de Brosmos, co que achega un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Sober; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 31.10.2019 emite un informe (núm. 63/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Fenteira queda cunha superficie de 206 hectáreas e o monte de Gundivós, cunha superficie de 80 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

– Monte Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón (expediente 68/80), pertencente aos veciños das parroquias de Andreade, Barán e Vilaragunte, no termo municipal de Paradela, e monte Común e Lameiros (expediente 73/80), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cristina de Paradela no termo municipal de Paradela. O 13.3.2019 ten entrada un escrito de Jesús Pablo López González e Manuel Abella Fernández, como presidentes das comunidades respectivas, co que achegan un acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Paradela; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 25.10.2019 emite un informe (núm. 17/2019) no que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Bosque, Serra Laguela, Gandarón e Cabaleirón queda cunha superficie de 309 hectáreas e o monte Común e Lameiros, cunha superficie de 13 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 5 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo