Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo á revisión do esbozo do monte Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón (expediente 68/80).

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 25.11.2019, figura o seguinte acordo:

«Monte Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón, pertencente aos veciños das parroquias de Andreade, Barán e Vilaragunte, no termo municipal de Paradela. O 30.5.2019 tivo entrada un escrito presentado por Jesús Pablo López González como representante da comunidade, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 18.10.2019 María López Rodríguez presenta un escrito en que solicita a exclusión dun predio por considerarse a propietaria. Dado traslado á comunidade, o 19.11.2019 o representante da comunidade presenta un escrito no que se opón ao recoñecemento da propiedade alegada e ratifican a revisión proposta. O 20.10.2019 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 42/19) para o monte Bosque, Serra Lagüela, Gandarón e Cabaleirón, nos termos que no dito informe se describen, co que queda cunha superficie de 370 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e tendo en conta a avinza practicada con Santa Cristina de Paradela. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».

Lugo, 5 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo