Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2019, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

Ponse en coñecemento das persoas interesadas na reestruturación parcelaria da zona de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra), que con data do 2 de decembro de 2019, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

Conforme a disposto no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 5 de decembro de 2019

María José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra