Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da Lei de contratos do sector público).

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.227.666. Infraestruturas básicas hidráulicas no concello de Cospeito. 3ª fase. Cospeito (Lugo).

Clave do expediente: GA.19097.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base. Importe neto: 14.726,25 euros. Importe total: 17.818,76 euros.

Prazo de execución: once (11) meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 9.604,32 euros. Importe total: 11.621,23 euros.

Empresa contratista: Norprevención, S.L.

b) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada M.16027. Mellora na rede de saneamento na travesía do Mercado. Pontecesures (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.19102.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base. Importe neto: 1.933,75 euros. Importe total: 2.339,84 euros.

Prazo de execución: un (1) mes.

Importe da adxudicación. Importe neto: 1.275,00 euros. Importe total: 1.542,75 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

c) Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada M.18001. Renovación de cuberta na estación de captación e bombeo da Barca. Concellos de Padrón e Pontecesures.

Clave do expediente: GA.19103.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base. Importe neto: 5.131,88 euros. Importe total: 6.209,57 euros.

Prazo de execución: 1,5 meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 3.380,00 euros. Importe total: 4.089,80 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

d) Título: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra hidráulica OH.227.666. Infraestruturas básicas hidráulicas no concello de Cospeito. 3ª fase. Cospeito (Lugo).

Clave do expediente: GA.19099.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base. Importe neto: 14.860,15 euros. Importe total: 17.980,78 euros.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Importe da adxudicación. Importe neto: 11.703,92 euros. Importe total: 14.161,74 euros.

Empresa contratista: E-Sostible, S.L.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior son cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse no Programa de desenvolvemento rural na medida 07 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético e prioridade 6 de desenvolvemento rural Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file