Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 20 de decembro de 2019 Páx. 53983

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 18 de decembro de 2019 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

Con data do 13 de setembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións ozamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:

Liñas

Aplicacións

Importes

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

974.693,00 €

Liña II. Actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

3.946.165,00 €

Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade

13.04.312E.481.1

4.934.661,00 €

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade

13.04.312E.781.1

1.131.872,00 €

Liña V. Actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

305.021,00 €

Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

280.047,00 €

Total

11.572.459,00 €

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

O importe total do citado incremento é dun millón douscentos sesenta e tres mil setecentos trinta euros con catro céntimos (1.263.730,04 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 6 de setembro de 2019:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

107.163,60 €

Liña II. Actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

433.865,06 €

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade

13.04.312E.781.1

658.376,64 €

Liña V. Actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

21.400,00 €

Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

42.924,74 €

Total

1.263.730,04 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social