Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 654/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 654/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Rivero Jiménez contra Murua, S.C. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Acordo considerar desistida a parte demandante da súa demanda e sobreser as presentes actuacións e arquivar os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso de revisión, ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a Murua, S.C., David Seongas Ben e Mikael Rouco Mejuto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza