Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 614/2019).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Reforzo do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 614/2019, seguido por instancia de Antonio Ribeiro de Souza contra Carpim Instalaciones Modulares, S.C., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza número 514/2019, do 20 de novembro de 2019, que aceptaba a demanda, e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpim Instalaciones Modulares, S.C., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza