Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Fonte Seixo (ampliación), no concello de Sober (expediente 15/2017).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 25.11.2019 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Josefina Pereira de la Riera e Miguel Ángel Cela González, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

Nome: Fonte Seixo (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Neiras.

Parroquia: Neiras.

Concello: Sober.

Superficie: 1,12 hectáreas.

A parcela obxecto de clasificación indícase, coas súas estremas, na seguinte táboa e pódese localizar no plano que figura no anexo.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27059A01000235

Norte

27059A01009005, 27059A01000195

Leste

27059A01000190, 27059A01000385

Sur

27059A01000196, 27059A01000197, 27059A01000203

Oeste

27059A01000204, 27059A01000205, 27059A01000206,

27059A01000233, 27059A01000207, 27059A01000208

27059A01009005

Tendo en conta esta ampliación, o monte veciñal en man común pertencente á comunidade de Neiras ten unha superficie global de 256 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 3 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file