Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 737/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 737/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Vázquez Rodríguez, se ditou a seguinte resolución:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 737/2017, en que foron parte, como demandante, Santiago Vázquez Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Blanco Casais e, como demandada, a empresa Grupo Creación y Extinción, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Santiago Vázquez Rodríguez contra a empresa Creación y Extinción, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 7.598,63 euros en concepto de salarios, cos xuros do 10 % por mora, e con condena ao pagamento dos honorarios de asistencia letrada da parte demandante ata o límite legal de 600 euros.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza