Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52988

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 162/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Castaño Dopazo contra, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Acórdase aclarar o contido da Sentenza do 28 de febreiro de 2019 nos termos indicados, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Na resolución da sentenza debe dicir: “Estímase a demanda presentada por instancia de María Ángeles Castaño Dopazo contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Hipescar, S.L., o administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., José Manuel Capella Pérez, e a administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., María José Lorenzo Gómez e o Fogasa, e declaro extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen á demandante a cantidade de 7.082,67 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 40,88 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 31 de xaneiro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 16.106,72 euros; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

– Condénase a José Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., a María José Lorenzo Gómez, como administradora concursal da entidade Refojo y González, S.L., na súa única condición de administradores concursais, a se ater á declaración e condena anteriores”.

O resto da resolución mantense nos termos que nela se recollen».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza