Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2019/204-1).

Expediente-e: IN407A 2019/204-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: subestación Formarís 66/20 kV-nova subestación.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Subestación cun parque blindado de 66 kV, dous transformadores de potencia trifásicos de 25 MVA e un parque blindado de 20 kV.

– O parque de 66 kV terá unha configuración de dobre barra, realizado mediante celas con envolvente metálica e illamento en gas SF6 para interior, constituído por dúas posicións de liña, duas posicións de trafo (T-I e T-II), unha posición de medida de barras e unha posición de acoplamento transversal.

– A transformación realizarase mediante dous transformadores trifásicos de potencia, de relación de transformación 66/20 kV e potencia 25 MVA.

– O parque de 20 kV terá unha configuración de dobre barra, realizado mediante celas con envolvente metálica e illamento en gas SF6 para interior, constituído por tres posicións de liña, duas posicións de trafo (T-I e T-II), duas posicións de trafo de servizos auxiliares e unha posición de acoplamento transversal de barras con medida de tensión de barras (dobre xogo de transformadores de tensión).

– Dous transformadores de servizos auxiliares de dieléctrico seco con encapsulado total en resinas, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/420 V.

– Localización do acceso á subestación UTM:

X: 541.253 m.

Y: 4.751.443 m.

Fuso 29.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de novembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña