Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2019/203-1).

Expediente-e: IN407A 2019/203-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV Formarís-E/S de Finsa II en Sigüeiro.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Actuación número 1: liña soterrada a 66 kV coa orixe no apoio proxectado número 20N PAS a intercalar na liña LAT 66 kV Finsa-Sigüeiro, no cal se instalará un PAS e remate na cela de liña da nova subestación Formarís (expediente 2019/204-1) cunha lonxitude de 301 m en condutor RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 1×630 mm2 Al+H165.

– Actuación número 2: liña soterrada a 66 kV coa orixe en cela de liña da nova subestación Formarís (expediente 2019/204-1) e remate no apoio proxectado número 21N PAS (que substitue o apoio número 21) que se vai intercalar na liña LAT 66 kV Finsa-Sigüeiro, cunha lonxitude de 375 m en condutor RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 1×630 mm2 Al+H165.

– Desmantelamento do treito de liña entre os novos apoios 20N PAS e 21N PAS de lonxitude 93,67 m.

– Coordenadas dos novos apoios UTM:

20N PAS  X  541.116  Y: 4.751.494

21N PAS  X: 541.293  Y: 4.751.662

Fuso 29

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de novembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña