Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (68/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 68/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Lestayo Sánchez contra A.P.O. Infraestructuras, S.L., Fogasa e a administración concursal de A.P.O. Infraestructuras, S.L. sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa parte resolutiva é de teor literal:

«Resolución:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Víctor Lestayo Sánchez, contra a entidade A.P.O. Infraestructuras, S.L., e a súa administración concursal, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade A.P.O. Infraestructuras, S.L., que aboe ao demandante a cantidade de 1.690,32 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en agosto de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas ambas as dúas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 253,76 € en concepto de indemnización por extinción da relación laboral.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza