Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52370

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4350/2019).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4350/2019

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 155/2019. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Adolfo García González

Avogada: Lourdes Álvarez Alverte

Recorridos: Fogasa, Limpiezas Val Miñor, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4350/2019 desta sección, seguido por instancia de Adolfo García González contra Limpiezas Val Miñor, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Lourdes Álvarez Alverte, actuando en nome e representación de Adolfo García González, contra a sentenza ditada o 29 de maio de 2019, en autos 155/2019, do Xulgado do Social número 5 de Vigo, sobre despedimento, seguidos por instancia da parte recorrente, contra a empresa Limpiezas Val Miñor, S.L. e con intervención do Fogasa, revogamos esta en parte, no sentido de condenar a empresa demandada a aboar ao demandante os salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento ata a data da sentenza de instancia, por un importe de 6.381,67 euros, mantendo o pronunciamento da sentenza de suplicación referido ao importe da indemnización de despedimento, así como os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia. Sen custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Val Miñor, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza