Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52251

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (F02 1008/2014).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento faml. garda, cust. alim. fillo menor non matrim. no c 1008/2014, seguido por instancia de Carolina Pérez Garrido, contra Juan Manuel García Parada, en que se ditou sentenza do 17 de novembro de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 407/2016.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal 1008/2014, promovido por Carolina Pérez Garrido, representada polo procurador Sr. Brea Sánchez e asistida da letrada Sra. Blanco Vidal, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer unha filla menor de idade, fronte a Juan Manuel García Parada, maior de idade, mencionado en autos e declarado en rebeldía procesual

...

Resolvo

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal presentada por Carolina Pérez Garrido, representada polo procurador Sr. Brea Sánchez e asistida da letrada Sra. Blanco Vidal, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer unha filla menor de idade, fronte a Juan Manuel García Parada, maior de idade, mencionado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede adoptar as seguintes medidas definitivas:

1º. Atribuír o exercicio ordinario en exclusiva da patria potestade sobre a menor Thalia á demandante en cuestións sanitarias, educativas, xestións administrativas (expedición e renovación de pasaporte e análogas), elección de lugar de residencia.

2º. Atribuír á demandante a garda e custodia sobre a citada menor.

3º. Suspender todo réxime de estancias e comunicacións do proxenitor non custodio.

4º. Fixar como domicilio familiar aquel en que actualmente habitan a demandante e a súa filla, sito na rúa Xeixo, 2º B, Ames.

5º. Fixar a cargo do demandado, en favor da filla común, unha pensión de alimentos de 200 euros/mes, que se deberá aboar de maneira anticipada nos 5 primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante, pensión de alimentos que se actualizará anualmente conforme a variación precedente do IPC.

6º. Aboar por metade os gastos extraordinarios da menor, logo da súa acreditación documental.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: a anterior resolución leuna e publicouna, en audiencia pública, o xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza