Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52115

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de setembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 28 de maio de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019.

A Orde do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 201, do 22 de outubro), establece as bases e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 24 de setembro de 2019 (DOG núm. 189, do 4 de outubro) adxudícáronse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 18 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias da modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indican a continuación:

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona
1º ano

Zona
2º ano

ED481B-2019-048

USC

González

Gil

Lorena

2

1

ED481B-2019-013

USC

Villar

Álvarez

Eva María

1

1

Segundo. De acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, adxudicar as axudas correspondentes a estas renuncias ás solicitudes correspondentes da lista de espera das universidades do SUG:

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona
1º ano

Zona
2º ano

ED481B-2019-099

USC

Buján

Gómez

Noemí

3

3

ED481B-2019-028

USC

Busto

Zapico

Miguel

2

2

Terceiro. Actualizar a lista de agarda para determinar posibles substitucións:

Orde

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona
1º ano

Zona
2º ano

Punt.

01

ED481B-2019-037

USC

Martín

Nieto

Isaac

Artes e Humanidades

2

1

76,90

02

ED481B-2019-104

UDC

Lucio

Martínez

María de Fátima

Ciencias

2

2

74,00

03

ED481B-2019-100

UVigo

Oludemi

 

Taofiq

Ciencias

1

1

74,00

04

ED481B-2019-029

USC

Abalo

Gómez

Adriana

Artes e Humanidades

2

2

73,60

05

ED481B-2019-018

USC

García

Martínez

Pablo

Artes e Humanidades

2

2

73,33

06

ED481B-2019-031

USC

González

López

Tamara

Artes e Humanidades

2

1

73,00

07

ED481B-2019-113

USC

Fraga

Timiraos

Ana Belén

Ciencias

3

3

71,00

08

ED481B-2019-044

UDC

Ramadan Farrag AbdelHafez

-

Yousof

Ciencias

1

1

71,00

09

ED481B-2019-094

UDC

Marcos

Pérez

Diego

Ciencias da Saúde

2

2

71,00

10

ED481B-2019-107

UDC

Castro

Viñuelas

Rocío

Ciencias da Saúde

3

3

70,50

11

ED481B-2019-069

UVigo

Naderi

-

Fatemeh

Ciencias

2

2

69,25

12

ED481B-2019-016

USC

Nieto

Fontarigo

Juan José

Ciencias da Saúde

2

2

69,05

13

ED481B-2019-075

UVigo

Otero

Rodiño

Cristina

Ciencias

1

1

69,00

14

ED481B-2019-060

UVigo

Velasco

Rubial

Cristina

Ciencias

2

2

69,00

15

ED481B-2019-041

USC

Ordás

Díaz

Pablo

Artes e Humanidades

3

3

68,75

16

ED481B-2019-038

USC

Muras

Mora

Andrea

Ciencias da Saúde

2

2

68,50

17

ED481B-2019-118

USC

Campaña

Lozano

Isidoro

Artes e Humanidades

3

3

68,50

18

ED481B-2019-021

UDC

Rico

Alonso

Sonia

Artes e Humanidades

2

2

67,70

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas para a USC, segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal e como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

2023

Total

09.40.561B.444.0

26

81.205,36

1.137.217,78

1.145.963,56

952.586,64

16.466,66

3.333.440,00

O importe destas axudas imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021, 2022 e 2023 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Quinto. A data de comezo dos contratos será o 20 de xaneiro de 2020 e a súa duración será dun máximo de tres anos, de acordo co artigo 1 do anexo I da orde de convocatoria.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización dos correspondentes contratos.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional