Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (178/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento clasificación profesional 178/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Hurtado Pozo, se ditou a seguinte resolución:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 178/2018 e acumulados (CLP do Xulgado do Social 1 desta cidade), sendo parte neste, como demandante, Beatriz Hurtado Pozo, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves e, como demandados, Malvinlab, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fondo de Garantía Salarial, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes,

Decidimos.

Estímase a demanda interposta por Beatriz Hurtado Pozo contra Malvinlab, S.L., Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L. e Novocat Farma, S.A. e, en consecuencia, declárase que o posto de traballo ocupado pola demandante é o de responsable de control de calidade, grupo profesional 6, con dereito a que perciba as diferenzas salariais devindicadas desde o 1 de febreiro de 2017 que, ata agosto de 2017, incluído, ascenden 3.942,50 euros. Declárase o dereito da demandante a que perciba os salarios e diferenzas salariais devindicados conforme o grupo 6 desde esa data ata o 10 de xaneiro de 2019, incluído, máis o importe correspondente a vacacións de 662,61 euros. Condénase as codemandadas solidariamente a estar e pasar pola declaración e ao aboamento correspondente, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa de acordo co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

E para que sirva de notificación en legal forma a Malvinlab, S.L., Innovis Farma, S.L. e Innovis Laboratorios S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza