Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51764

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de publicación da Sentenza 441/2018, do 20 de setembro, que anula a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra para uso de crematorio.

O letrado da Administración de xustiza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José Miguel Formoso Sobrado, fago saber que no recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Dulce María Maneiro Martínez, en nome e representación da sociedade Pompas Fúnebres Pontevedra, S.L., e en nome e representación de Tanatorio Las Corrientes, S.L., e pola procuradora Dolores Villar Pispieiro, en nome e representación da sociedade Alianza y Barros, S.A., asistidas polo avogado Juan Martínez Calvo, contra a Orde do 26 de decembro de 2014, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra para establecer e regular o uso de crematorio, que se tramitou neste tribunal como procedemento ordinario 4113/2015, en que foi parte demandada a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, representada e defendida polo letrado da Xunta de Galicia, e parte codemandada o Concello de Pontevedra, representado polo procurador Manuel Cupeiro Cagiao e defendido polo letrado Xabier Munaiz Alonso, a Sección Segunda, formada polos maxistrados María Azucena Recio González (presidenta), María Amalia Bolaño Piñeiro e Antonio Martínez Quintanar (relator), ditou a Sentenza núm. 441/2018, do 20 de setembro, firme desde o 10.7.2019 por inadmisión do recurso de casación, que contén a seguinte:

Resolución que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Dulce María Maneiro Martínez, en nome e representación da sociedade Pompas Fúnebres Pontevedra, S.L., e en nome e representación de Tanatorio Las Corrientes, S.L., e pola procuradora Dolores Villar Pispieiro, en nome e representación da sociedade Alianza y Barros, S.A., contra a Orde do 26 de decembro de 2014, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra para establecer e regular o uso de crematorio, e anulamos a disposición impugnada.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 107.2 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza