Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de setembro de 2019, da Zona Centro, polo que se somete á información pública a tramitación dunha ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido, na concesión administrativa outorgada á Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada, para a construción de almacéns para servizo de armadores (bloques A e C), no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-87-C-3).

Estase a tramitar unha ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada á Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada, para a construción de almacéns para servizo de armadores (bloques A e C), no dominio público portuario de Ribeira, de acordo co plano de superficies e usos, ademais da memoria técnica de mellora de eficiencia enerxética e calidade ambiental mediante a substitución de luminarias e a reparación de acabamentos en conxunto, de almacéns de armadores (bloques A e C), asinada polo enxeñeiro industrial, José Ramón Álvarez Aranu, en xullo de 2017.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida Porto da Coruña, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 30 de setembro de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro