Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de novembro de 2019 polo que se somete a información pública a modificación do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese á información pública a modificación do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo, durante o prazo de 15 días contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación, en horario de oficina, nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sitas no polígono das Fontiñas, Área Central s/n, en Santiago de Compostela, e no Concello de Arteixo, e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes. Así mesmo, a documentación poderá consultarse na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo