Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de novembro de 2019 pola que se notifica orde de retirada de diversos materiais procedentes do barco Luis Triñanes depositados na nave de acopios do porto da Pobra do Caramiñal.

Mediante a Resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 2 de xullo de 2019 foi declarado en situación de abandono o barco de nome Luis Triñanes, con folio 4ª-VILL-3-191-91, varado no porto de Escarabote. Da embarcación, que tras o seu afundimento foi reflotada por persoal de Portos de Galicia en novembro de 2018, retirouse diverso material de traballo do barco mexilloeiro que foi trasladado á nave de almacenamento do porto da Pobra do Caramiñal, resultando precisa a súa retirada por razón de falla de espazo e entorpecemento de manobras.

En consecuencia, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por non ser posible a notificación no domicilio, notifícase a Luis Antonio Triñanes Triñanes, con DNI ***8783**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a presente orde para que proceda nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación a retirar o material procedente do barco Luis Triñanes que se atopa depositado na nave de almacenamento do porto da Pobra do Caramiñal, para o que poderá poñerse en contacto co persoal de Portos de Galicia nas oficinas dese porto.

Caso de incumprimento, o persoal desta entidade procederá a retirar o material que será trasladado a vertedoiro autorizado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia