Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle en terreo sito no ámbito do Paseo da Xunqueira, 37.

En cumprimento do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), infórmase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de outubro de 2019, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido pola mercantil Lugar das Cabritas, S.L., representada por Purificación Couñago Taibo, en terreo sito no ámbito do paseo da Xunqueira, 37, Redondela (referencia catastral 2313506NG3821S0001SJ), de acordo co documento de estudo de detalle asinado en febreiro de 2019 pola arquitecta Ana I. Domínguez Salgado.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o presente acordo á propiedade.

Cuarto. Comunicar á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a aprobación definitiva do estudo de detalle referido ao paseo da Xunqueira, 37, Redondela, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia».

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

O contido íntegro do estudo de detalle poderase consultar na web do Concello de Redondela: www.redondela.gal. Área de urbanismo. Planeamento e desenvolvemento.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Redondela, 5 de novembro de 2019

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa