Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51253

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de acta de entrega ao Concello de Mondariz da estrada provincial E.P. 4307, acceso á igrexa de Sabaxáns.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 18.8 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, procedeuse á publicación, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 206, do 25 de outubro de 2019, e na páxina web www.depo.gal, do contido da acta de entrega ao Concello de Mondariz da estrada provincial E.P. 4307, acceso á igrexa de Sabaxáns, asinada o día 16 de setembro de 2019.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 25 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior,
Economía, Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra