Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (203/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 203/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Brión Collazo contra José Ramón Collazo Yáñez sobre despedimento, se ditou auto con data do 7 de novembro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Cristina Brión Collazo fronte a José Ramón Collazo Yáñez, parte executada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LJS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da LXS, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado xuíz

A letrada da Administración de xustiza»

Igualmente se ditou dilixencia de ordenación, sinalando comparecencia, co fin de oír ás partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza, María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.

Despois de presentar demanda de execución a traballadora Cristina Brión Collazo exixindo o cumprimento polo empresario José Ramón Collazo Yáñez da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de sentenza, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse e fixo o próximo día 16.12.2019, ás 9.50 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que lle represente teráselle por desistida na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada fanse as seguintes prevencións:

1º. A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 do parágrafo 1º da Lei de axuizamento civil), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización, facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de notificación e citación a José Ramón Collazo Yáñez, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza