Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Mos.

Aprobada inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 30 de setembro de 2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://mos.sedelectronica.gal].

Queda suspendido o outorgamento de licenzas en todo o ámbito do territorio obxecto da modificación puntual cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión será dun máximo de dous anos, extinguíndose en calquera caso coa aprobación definitiva da modificación, e será efectiva desde o día seguinte ao da publicación do acordo de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia.

Mos, 5 de novembro de 2019

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa