Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Petín

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Petín.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Petín (Ourense), polo Acordo do Pleno do 10.10.2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [enderezo https:// petin. sedelectronica.gal].

Petín, 16 de outubro de 2019

Raquel María Bautista Carballo
Alcaldesa