Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 617/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 617/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arlindo Manuel Costa Riveiro contra Carpim Instalacións Modulares, S.C., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Arlindo Manuel Costa Riveiro, contra a entidade Carpim Instalaciones Modulares, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que Arlindo Manuel Costa Riveiro foi obxecto con efectos do 7 de xuño de 2019, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (7 de xuño de 2019), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando á entidade Carpim Instalaciones Modulares, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.565,17 €. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpim Instalacións Modulares, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza