Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (767/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 767/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Ortega Barreiro contra Francisco Ordóñez Ferreño, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Belén Ortega Barreiro, contra o empresario individual Francisco Ordóñez Ferreiro, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Francisco Ordóñez Ferreiro, a que aboe á demandante as seguintes cantidades: 1.642,63 euros brutos por diferencias salariais durante a súa prestación laboral, 409,14 euros brutos polos días de descanso semanal non gozados, 79,55 euros brutos por prestar servizos o 15 de agosto de 2017, e a 85,86 euros brutos polas horas nocturnas, e 320,85 euros brutos polas horas extras realizadas entre xullo de 2017 e maio de 2018, incrementadas todas elas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Ordóñez Ferreño, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza