Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50173

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019 pola que se notifica a retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2019.

De conformidade co disposto no artigo 16.4 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagagamentos ao desenvolvemento rural, por non ter activados os ditos dereitos durante dous anos consecutivos, procede a retirada deles, pasando á Reserva Nacional.

Consonte co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) da resolución de retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2019 pola non utilización destes en dúas campañas consecutivas.

Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria