Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50174

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 6 de febreiro de 2018.

A Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG núm. 30, do 12 de febreiro), prevé no seu artigo 27 que a notificación das resolucións poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural.

De acordo co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes das liñas de axudas reguladas no artigo 2.1, parágrafos a), b), c), d) e e), da Orde do 6 de febreiro de 2018 citada.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das diversas liñas de axudas, con indicación da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade, de ser o caso, concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/

Estas axudas son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas no Portal de axudas PAC as resolucións completas das solicitudes das liñas de axudas citadas no punto primeiro desta resolución.

Así mesmo, poñeranse á disposición das persoas interesadas as resolucións das solicitudes das liñas de axudas correspondentes ás campañas 2015, 2016 e 2017 unha vez levada a cabo a actualización de dereitos e resolución de reclamacións, establecendo as cantidades finais a que tiñan dereito as persoas solicitantes.

O acceso ao dito portal poderá realizarse a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital ou DNI-e (DNI electrónico) ou emprego da Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 atópase na ligazón que se indica a seguir:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria